ESTATUTOS DA FEDERACIÓN GALEGA DE BOXEO
TÍTULO V. DO RÉXIME DOCUMENTAL.
Artigo 23. Principio xeral
A custodia e levanza da documentación, libros-rexistro e arquivos da Federación corresponde ó seu Secretario.
Artigo 24. Libros-rexistro
A Federación levará alomenos os seguintes libros-rexistro debidamente dilixenciados:
- De clubs deportivos.
- De deportistas.
- De actas dos órganos de goberno e representación.
- De contabilidade.
- De inventario de bens mobles e inmobles.
Artigo 25. Exame e supervisión dos libros-rexistro
Os libros-rexistro e demais documentación estarán a disposición en todo momento da Administración deportiva autonómica competente, para o seu exame e supervisión.