Un novo triunfo para o boxeo galego!

Un novo triunfo para o boxeo galego!
? Un novo triunfo para o boxeo galego!
 
O loitador vigués Kike García "Rayito" continúa dando pasos firmes na súa carreira profesional. Esta fin de semana sumou a súa quinta vitoria sen coñecer aínda a derrota, vencendo con autoridade ao venezolano Pedro Sánchez nun combate de seis asaltos onde destacou pola súa técnica e serenidade.
 
O evento tivo lugar no pavillón Bernabé Costas de Gondomar, na segunda edición da Flow Fight, organizada polo club Flow Combat TBC, coa colaboración do Concello. O ambiente foi espectacular, con máis de 600 persoas gozando dunha noite chea de emoción e deporte.
 
? Outro dos grandes combates foi o de Lorea Murgoitio, que impresionou ante a inglesa Sherriee Barnes, sumando a súa terceira vitoria consecutiva sen fallo.
 
? Disputouse o título galego neoprofesional, no que Juanca Areal (Rebouras Team) venceu por KO no primeiro asalto ao boxeador da casa Pepe Reguera.
 
? A velada estivo tamén marcada pola música e a identidade galega: o himno interpretado en directo por Xan Pérez á gaita e a voz da cantareira María Rico puxeron en pé ao público.
 
#BoxeoGalego #FlowFight #GondomarEnLoita #RayitoImparable #DeporteEGaliza