Éxito total na II edición do Open “Futuros Campións” en Marín

Éxito total na II edición do Open “Futuros Campións” en Marín

🥊 Éxito total na II edición do Open “Futuros Campións” en Marín 🥊

O Pavillón da Cañota viviu unha gran xornada con 40 combates e máis de 80 deportistas de toda Galicia, que encheron as bancadas cun ambiente espectacular 👏

O evento serviu como preparación para os Campionatos de España e como debut para moitas novas promesas do boxeo galego 💪

Destacaron as vitorias de Hugo Cruz, Carmen Quinteiro, Juan Gonzalo Reigosa e Jonathan Paz, todos do Team Thunder Marín, club organizador.

🤝 Grazas ao Concello de Marín, á Deputación de Pontevedra e a ENCE polo seu apoio ao boxeo base galego.

#BoxeoGalego #FGB #OpenFuturosCampións #TeamThunder #DeporteBase #Marín