Charly López regresa ao ring nun novo combate profesional!
26/03/2025
Charly López regresa ao ring nun novo combate profesional!
A emoción e a adrenalina do boxeo volven con forza! Charly López está listo para ofrecer un espectáculo nunha noite chea de intensidade, loita e paixón polo ring.
Velada organizada por CKM Combat e Spartan Team, coa colaboración do Concello de O Porriño e patrocinadores.
FIGHT NIGHT II
Pavillón de Deportes de O Porriño
Sábado 29 de marzo de 2025
19:30 horas
Acompáñanos e fai que o boxeo galego se sinta máis forte ca nunca!
As entradas están dispoñibles desde 13 € nos puntos de venda: Safari, Power Nutrition, Olala Tomiño, e nos propios clubes CKM Combat e Spartan Team. Tamén poderás adquirilas o mesmo día do evento, a partir das 18:30 horas, cando se abran as portas do pavillón.